top of page
-Estevo Lamas:
Acordeón, Voz e percusións tradicionais.
Formouse como pandereteiro, gaiteiro e bailador na agrupación folclórica Arreixeira de Iria, da cal segue a formar parte. Máis tarde ampliou os seus coñecementos do mundo do folclore galego como compoñente das agrupacións Brincadeira de Santiago e Malveiras de Vilagarcía.
Na súa faceta vocal e musical foi membro dos grupos folk Pradairo (2006-2015) e “Xa son faif” (2008-2011)
Actualmente forma parte do trío “Tres Pesos” e traballa como acordeonista colaborador do grupo Limagoia de Negreira.
bottom of page