-Felisa Segade:
Voz e percusións tradicionais.
Dende moi nova Felisa Segade desenvolve unha incesante actividade como mestra de baile, pandeireta e canto tradicional galego para diferentes Asociacións, Institucións e Festivais tanto a nivel nacional, como internacional (Alemaña, Suiza, Portugal, Bélxica..)
Como pandereteira da Agrupación Folclórica Cantigas e agarimos participa en 1986 no traballo discográfico do grupo Milladoiro “Galicia no pais das Maravillas”, o cal marcou, sen lugar a dúbidas un antes e un despois no lugar que ocupaban as pandereteiras na nosa música.
No ano 1989, nace Leilía (grupo de música tradicional) do que é cofundadora e co cal ten publicados cinco traballos discográficos propios e colaborado en outros moitos con artistas da talla de Milladoiro, Bleizi Ruthz, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, José Nieto, Emilio Cao, Socorro Lira, Guadi Galego...etc.
Xa na súa faceta de productora artística ten realizado os seguintes traballos discograficos: “Esta noite hai un serán”,”Brincadeira”,”Se non fora por quen baila”,”Arreixeira” e “A Subela”.
Actualmente reparte a súa actividade artística ente o grupo Leilía e o trío “Tres Pesos”